Novas Abril 2012
Conferencia de Xosé Cid Fernández
Data: 21/04/2012

Os mestres e mestras represaliados foi o tema da conferencia que tivo lugar no Local de Agromadas.
A conferencia intégrase dentro da programación de actividades para conmemorar as Letras Galegas pola Asociación Agromadas.
Xornada entrañable
Data: 13/04/2012

O público respondeu, coma sempre, enchendo o Local de Agromadas. A charla de Elena González Iglesias sobre as persoas que coidaban da saúde dos veciños no Seixalbo da posguerra foi interesante e emotiva facendo reflexionar aos presentes sobre o importante labor levado a cabo de xeito desinteresado por persoas que xa non están pero que tomaron parte activa da vida en comunidade.
Non menos entrañable foi a presencia de César Norberto Armenteros, acompañado da súa dona: o neto de César Iglesias Freire aproveitou unha viaxe á Península para pasar uns días en Seixalbo, lugar que viu nacer o seu avó, comprobando de primeira man a restauración da casa familiar doada pola familia á Agromadas e a actividade cultural que nela se desenvolve. César e a súa dona calificaron a experiencia como entrañable, un reencontro coa familia e o pasado. En resposta ás palabras de agradecemento que foron pronnciadas en nome da Asociación, asegurou que estaba gratamente sorprendido pola obra levada a cabo engadindo que eran os herdeiros de César Iglesias os que estaban agradecidos tanto pola restauración como polo uso que se lle está a dar ó Local.
Ao remate, coma sempre, petiscos, viño de Seixalbo, e unha queimada. Por suposto, non faltou a música.



Departindo despois da charla. Manuel Herminio e á dereita César Norberto Armenterros

A vindeira cita será para o mes de San Xoán, no que a Asociación Agromadas celebrará en Penouzos o seu vintecinco aniversario.
http://www.laregion.es/noticia_opinion.php?id=7802
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net