Novas Maio 2012
Seixalbo no mapa musical
Data: 27/05/2012

Instantánea a pé de escenario en Bemposta

A pasada fin de semana a nosa vila encheuse de visitantes grazas ó festival Reperkusión, que trouxo a Bemposta a Manu Chao, a Os 3 Trebóns, ós Festicultores e  moitos máis. Este acontecemento, ademais de música, trouxo consigo actividades de malabares, exposicións sobre o Circo dos Muchachos… 

Tan só uns días despois, este sábado 26, a música e a festa voltou a Seixalbo coa xa típica Noite Irmandiña.

 Unha gran festa a cargo dos alaricanos Tabú, do pasarrúas Turre’s Band, do grupo The Tetas Van ou da Compañía do Ruído. Tamén se puido desfrutar ó longo da tarde dunha conferencia de Bieito Lobeira, do home orquestra Cé Orquestra Pantasma e dos CatroyMontes.

Numerosos asistentes na presentación de Vilamor, a película integramente galega que se presentará mañá en Ourense
Data: 15/05/2012

Director e protagonistas con David Rodríguez Nóvoa e Juan Cid Boo. Rubén Rios cun exemplar do Libro "Seixalbo, anacos do pasado"

A xente responde: a pesares de que as 5 da tarde non era unha boa hora, o Local Central encheuse de xente que quería coñecer de primeira man o proxecto e os actores. Ignacio Vilar, o director do filme, foi quen de transmitir aos asistentes a necesidade de apoiar o cine feito en Galicia por galegos. O lema da película é “soñamos cun mundo mellor, decidimos facelos realidade” a el aludiu: o compromiso co cine e con Galicia é un feito na obra deste cineasta. Houbo anécdotas da rodaxe, da convivencia, dificultades... coas que souberon arrincar o sorriso do público. Non faltaron os agradecementos a David Rguez. Nóvoa e á A. de Veciños San Breixo, que obsequiaron ao equipo con algo de material para coñecer mellor Seixalbo, será por se se animasen a telo en conta para vindeiras localizacións. Logo hobo autógrafos. Dentro de dous días o equipo que está a facer a promoción sae para Cannes pois “hai xente interesada”.   Sorte
Boa acollida do Maratón de debuxo
Data: 15/05/2012

A Asociación de Veciños San Breixo de Seixalbo xunto co Colectivo Cidadán Anacos da Cidade e o equipo de Sketch Crawl organizaron unha maratón de debuxo en Seixalbo este pasado 12 de maio.

 Desde as 10.30 da mañá déronse cita numerosos debuxantes que foron con diferentes técnicas e formatos plasmaban recantos, casas, personaxes do lugar… Houbo quen preferiu o tema libre.



Éxito da viaxe cultural a Santiago
Data: 13/05/2012

Agromadas organizou unha viaxe a Santiago: tratábase de estrear o novo tren de alta velocidade e aproveitar a visita para coñecer a monumental Cidade da Cultura de man dun guía profesional. 

Despois do xantar e un paseo, os veciños gozaron da paisaxe durante o camiño de volta no tren.


Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net