Aínda que con moi pouco presuposto a
Asociación Agromadas en colaboración de todos os veciños esforzouse por que a
VIII edición da festa dos Foros fose unha xornada festiva e entrañable. Xogos
populares e cafés no Cabildo, con xeados, larpeiradas e postos de artesanía,
pementos e logo todos a recibir a glardoada neste ano co Premio Freire Carril:
Dona Carme Avendaño, da Fundación Érguete.
As palabras de Carme Avendaño suliñando as semellanzas da súa loita coa que mantiveron os veciños contra a inxustiza fixeron vibrar ó público.
Logo houbo bailes tradicionais a cargo de excompoñentes de Castro Floxo, a meirande parte deles de Seixalbo, lugar onde naceu esta formación.
Para rematar, unha boa queimada.
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/07/08/seixalbo-retrocede-tiempo/663536.html
Dona Carmen Avendaño con membros da Directiva de Agromadas no momento da entrega do premio Freire Carril
Polas Rúas na Festa dos Foros