Hai uns días remataron as obras de pavimentación e saneamento na Canella do Lagar e a Rúa Cega. Velaí un paso máis na recuperación dos recantos do noso núcleo. En setembro darán comezo as obras de reparación do Curral do Eiró. Despois destas obras e de reparar as canaletas de desaugue da áreas trinta, xa deterioradas, efectuarase a sinalización de estacionamento da rúa Abelardo Arce. Seixalbo presentará un aspecto moito mellor que sen dúbida invitará a gozar e pasear polos seus recunchos.