Representantes do Concello cos responsables das Asociacións de Seixalbo.
Representantes do Concello, así como do PERI de Seixalbo e outros técnicos presentaron hoxe día 13 de setembro un interesante proxecto europeo que vai ser posto en marcha nos vindeiros meses: "Cómete Ourense".O proxecto está xa funcionando en cinco cidades europeas dende o ano pasado ás que se sumarán outras cinco neste ano, entre elas, Ourense.
Trataríase, en poucas liñas en recuperar as terras de cultivo para o autoconsumo, responsable, ecolóxico, sostible... Os pequenos excedentes producidos nesas parcelas poderán saír ó mercado tutelados polo propio Concello.As vantaxes da recuperación de cultivos nos arredores de Seixalbo son evidentes: afastar posibles lumes, estéticos, saudables... Os veciños que desexen participar ben cultivando terras propias ou cedendo estas polo espazo de tres anos deberán pórse en contacto cos coordenadores, seguramente a Asociación de Veciños; contarán con asesoramento da Universidade de Vigo tanto para análises do chan, idoneidade de cultivos, certificados de agricultura sostible e ecolóxica...A nova atraeu dende un principio a atención e interés dos veciños de Seixalbo, ilusionados sobre todo pola volta ó "rianxo". Nos vindeiros días recibiremos a visita dos técnicos europeos. Pode que non tardemos en volver contemplar os "tarreos" en plena produción.
Unha imaxe xa case esquecida: os tarreos da Noria en Seixalbo