O grupo de música Herbens Consort presentábase en Ourense.
O concerto, centrado na música barroca tivo lugar na Igrexa de San Breixo.
O grupo musical Herbens Consort nace en 2013 como resultado da ilusión de persoas vencelladas ao mundo da música que deciden organizar o festival "As notas do pemento" celebrado en Herbón. Dado o éxito do festival e coa intención de divulgar a música barroca deciden emprender unha nova andadura. O grupo está formado por Indra Sesti di Luca, soprano, Eliseu Mera, barítono; Felipe Rodríguez, frauta de pico; Diego Rojo, arquilaúde; Carlos García Amigo, viola de gamba e dirección musical.
<iframe width="560" height="315" src="//www.youtube.com/embed/TaYGe8RCplY?list=PLtoQUdsNMJlsIgpDBzQXwRjEhvY-XIfrT" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>