Na última asemblea da asociación de veciños decidiuse que eran necesarias novas mobilizacións esixindo unha solución para a estrada nacional.
O problema fundamental reside nas competencias: a vía non está catalogada como rúa senón que permanece con antiga catalogación de estrada nacional e polo tanto é competencia da COTOP, rexendo unhas normas ben diferentes ás que podería ter unha vía urbana. O recente repintado prohibindo o paso de vehículos dunha beira á outra e dificultando as incorporacións fixo que a polémica se reavivase.
Esta vez a marcha de veciños tivo un percorrido máis alá do ámbito do lugar, iniciándose na rotonda do Paco Paz ata o Xardín do Posío, reclamando solucións a un problema co que teñen que convivir cada día os veciños.
A principios de outubro pasado xa tivo lugar
outra marcha; despois o alcalde recibiu aos veciños que ven moi lonxe o traspaso desta vía ao Concello, paso previo a poder solucionar de xeito razoable e permanente os problemas de permeabilidade da vía.
http://youtu.be/eHq6ptcEhVQ
http://youtu.be/_wMUyc7B2Ps
http://youtu.be/9wPVrCVr3r8