Novas Febreiro 2013
ELOQVENTIA, ensemble de música medieval: o Pórtico do Paraíso en Seixalbo
Data: 17/02/2013

O grupo de música medieval Eloqventia tocará en Seixallbo o luns 18 de Febreiro, ás 20.30 na Igrexa de san Breixo. Este grupo ten unha recoñecida traxectoria, participando nos festivais máis importantes de música antiga, coma o de Xixón, Logroño, etc.
A actuación está programada pola Concellaría de Cultura de Ourense englobándose no VI Festival de Música de Ourense.
Será unha oportunidade única para poder gozar dun grupo da calidade e categoría excepcionais.. 

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/02/19/galicia/1361301221_204917.html


Entroido 2013: unha orquestra animará a tarde do Domingo grande
Data: 09/02/2013
Un ano máis cobran vida todo tipo de personaxes extravagantes e pintorescos: comeza o ciclo festivo do Entroido.
Un ano máis saen en procesión o matrimonio garante da xustiza popular para presidir dende o alto do corredor da Praza Maior canta queixa o pobo lle formule. Son as festas grandes de Seixalbo, as que nunca morren.
Este ano de novo a música das orquestras, ademais das charangas, soará en Seixalbo para amenizar os bailes. Tamén este ano os Irmandiños organizan o xantar de entroido.

(Faro de Vigo)


http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/02/04/corredoiro-antesala-entroido/751977.html

Programa de festas 2013

Comezo do Entroido a partires do 3 de Febrero, ás 16.00 horas, momento no que terá lugar a saída dos Entroidos:  Paquita e Nicanor, que percorrerán as rúas de Seixalbo ata finalizar na Praza Maior. Haberá o Correolas e animación musical coa charanga Santa Cecilia.

Vernes 8,  lectura do pregón coa participación de Paquita e Nicanor.

Domingo 10, comida na Praza Maior de Seixalbo que estará amenizada pola orquestra Nevada.

Martes 12, a partires das 16.00 horas terá lugar a saída das comparsas polas rúas de Seixalbo deica a Praza Maior. Ás 20.00 horas, percorrido festivo cos Mecos Paquita e Nicanor e ritual da queima  para a súa custodia ata o vindeiro ano.

Mércoles 13, pola noite, ás 21.30 horas, dende a Finca da Infesta celebración do  Enterro da Sardiña, con procesión polas rúas do lugar. Ao regreso os asistentes poderán degustar sardiñas acompañadas de viño.



Lavado de cara para o "lavadeiro" de Amendo
Data: 07/02/2013
Tal e como anunciara a Directiva da Asociación de Veciños na última asemblea, o Concello está a realizar obras no lavadeiro da roupa de Amendo. Esta vez os veciños e como representantes deles a A. San Breixo, manifestaron o desexo de que a intervención non afectase á estrutura do río de lavar, mellorando só aspectos importantes, pero non esenciais: era evidente que o cubrimento que tiña (unha planchada de formigón dos anos setenta) non era o máis axeitado, se temos en conta, ademais, que está ubicado moi perto do Camiño de Santiago.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net