Novas Abril 2013
O viño en Galicia: charla e cata
Data: 26/04/2013
O día 27 ás nove da tarde no local de Agromadas terá lugar unha nova charla a cargo de José Carballido Presas sobre o tema do viño.

Agromadas pretende con esta serie de actividades sobre o viño volver á actividade que deu orixe ó lugar de Seixalbo, facendo del un referente nos arredores de Ourese: o cultivo da vide e produción de viño; e como non, trátase tamén de ir facendo camiño cara a Festa dos Foros da que este ano se vai celebrar a VIII edición. 
O grupo coruñés "Ártabros" visita Seixalbo
Data: 20/04/2013
Ás once da mañá, no outeiro da Santa Ádega o presidente da Asociación de veciños San Breixo, J. A. Cid Boo e varios membros de Agromadas recibiron ó grupo de montañeiros da Coruña Ártabros. Desde alí acompañaron ó grupo formado por máis de cincuenta persoas nunha visita guiada polos recunchos de Seixalbo. Logo continuaban camiño ata Outariz.


A Asociación as Canellas xunto coa Conecellaría de Cultura de Ourense convocan o 1º certame de relato curto
Data: 06/04/2013
A Asociación Xuvenil "As Canellas" de Seixalbo convoca en colaboración co Concello de Ourense o 1º certame de relato que nesta edición terá como tema A Santa Compaña. 
Pódense consultar as bases no seguinte link:
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net