Novas Xaneiro 2014
San Breixo: Ampliado o prazo para a presentación de candidaturas
Data: 22/01/2014

A Asociación de Veciños San Breixo vén de ampliar o prazo de presentación de candidaturas.

Despois de que ninguén manifestase estar disposto a afrontar a Presidencia dentro do prazo marcado e anunciado o Presidente en funcións anunciou por escrito que se abría un novo prazo: o vindeiro  27 de xaneiro será o derradeiro día para facer efectiva a presentación de candidaturas.
O 27 será a data na que se elixiría a candidatura de entre as presentadas.
Despois de estes meses de incertidume, no que houbo conversas entre os veciños animando a uns e outros a presentarse, de novo o lugar respira con alibio pois parece claro e seguro que haberá por fin xente que se poña á fronte de Asociación.



O teatro non falta en Reis
Data: 05/01/2014
Como ven sendo costume dende hai xa dez anos, por Reis o teatro reúne aos veciños de Seixalbo, uns sobre o escenario, outros dende abiaxo, pero todos gozando do espectáculo.
Esta vez os veciños representaron as aventuras de Lázaro de Tormes, encarnado por Héctor Pereira que ten que sufrir as ensinanzas do cego do seu amo, Hixinio Nóvoa. Todos dirixidos por Amelia González Iglesias, coma sempre.

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net