Tarde do luns oito de Decembro; instantánea de Noel González
Parece que a forza de vermos sempre a mesma imaxe nos afacemos a ela. Dende sempre esta curva de Amendo, pouco antes de chegar ao desvío do Colexio, é un lugar sinalado polos accidentes. Antes de ter colocadas as barras metálicas houbo postes de cemento e alambradas e os automóbiles acababan irremisiblemente nos tarreos de Amendo.A sucesión de accidentes nesta curva reabre a polémica da necesidade de acometer dun xeiro serio e urxente o uso que queremos darlle a esta vía: está claro que debería continuar como está.