Cartel do Entroido de Ourense. Entre os figurantes, a Gran Pilar (esquerda) e Marcos Pérez Cabo (de sombreiro).
Un ano máis finalizaron as festas do Entroido. Por primeira vez o Entroido de Seixalbo figuraba entre as actividades anunciadas polo Concello de OURENSE e non so iso, senón que ademais Pilar Nóvoa e Marcos Pérez Cabo, dous carnavaleiros de recoñecida traxectoria en Seixalbo, figuraban no cartel anunciador do Entroido de Ourense.O domingo de Entroido, desde hai uns anos, está protagonizado en Seixalbo polo xantar de confraternidade que organiza a Asociación de Irmandiños de Seixalbo; este ano con mellor tempo ca o pasado, contou cun gran número de participantes que se reuniron no Campo da Infesta baixo unha carpa. Pero o día grande, coma sempre, foi o martes de Entroido: a pesares de que o tempo ameazaba choiva, foise contendo e a xente animouse; as comparsas da Aguillada e a da Ovellas negras cantaron as súas coplas, coma sempre satíricas na Praza Maior.Coma sempre pecháronse as festas co Enterro da Sardiña, convocatoria á que non todo o mundo adoita asistir, dada a hora á que se fai. Esta volta a sardiña foi a protagonista pero de verdade, pois ademais do percorrido de costume, houbo unha sardiñada.