Novas Agosto 2014
"Cometa dixital": Certame Literario e musical en Penouzos
Data: 29/08/2014

O sábado, día 30 de agosto, cometadigital.com celebrará un Certamen Audiovisual e Literario no auditorio de Seixalbo. Por primeira vez, un portal de Internet levará os seus contidos a un escenario.  O evento porá en escena a algúns dos colaboradores deste portal de temática cultural, que presentarán en directo os traballos que publican na rede. Ol certame está organizado por cometadigital.com, coa la colaboración da Agrupación Cultural Agromadas e a Asociación de Veciños de Seixablo e enmárcase dentro da Semana Cultural que organiza a Asociación de Veciños. Será a partires das once da noite.
Adolfo Zon, Bispo
Data: 29/08/2014

Adolfo Zon Pereira acaba de ser nomeado Bispo Coadxuntor de Alto Solimes, no Brasil. Esta era a nova que fixo dun veciño de Seixalbo o protagonista dos medios locais e das conversas dos sixalbeses.
Máis de vinte anos de dedicación misioneira en Brasil vense recoñecidos con este nomeamento. Coincide que este verán este seixalbés foi galardoado co premio Freire Carril que outorga a Asocición Agromadas. Adolfo en persoa recolleu o premio, pois, cada certo tempo volve a Seixalbo, lugar no que naceu e ao que se sinte aínda vencellado. Parabéns.
Nova edición da Semana Cultural de Seixalbo
Data: 28/08/2014

Co lema “Eses anos pasados”, a asociación de veciños San Breixo de Seixalbo, organizou a XXVII Semana Cultural de Seixalbo coa colaboración da Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ourense.

O programa que comezaba o 30 de agosto, inclúe un amplo abano de actividades que rematou o sábado, 6 de setembro.

A semana abríase o sábado coa inauguración e o primeiro Certame audiovisual e literario, organizado por cometadigital.com  coa colaboración da Agrupación Cultural Agromadas e a Asociación de Veciños.

O domingo, tiña lugar unha excursión á Lira e fervenza do Ézaro, na que os participantes visitaron as Rías Altas: Muros e Lira, desfrutaron dun día na praia en Lira, e visitaron o mirador e a cascada do río Ézaro.

O luns 1 de setembro, na área recreativa da Infesta celebrouse unha festa de escuma, e hoxe día 2, tivo lugar a IV Andaina Nocturna, con saída ás 22:30h. dende o local central, na rúa Abelardo Arce, para percorrer Seixalbo. O mércores 3 de setembro, proxectouse o documental “Entre paradas”.

O xoves, día 4, tivo lugar a charla “Outra visión da inmigración”, por parte da asociación Juan Soñador; o venres día 5, houbo un guateque na Praza do Cabildo, dende as 23h. no que se recreou o ambiente dos anos 70.

O programa de actividades rematou o sábado día 6 desetembro coa cea do sociono Campo da Infesta.

Foto David Seixalbo


Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net