Novas Abril 2016
Convocatoria Premio "Freire Carril 2016"
Data: 15/04/2016

Asociación Cultural "AGROMADAS"

Nota informativa

          A Asociación Cultural AGROMADAS, como ven facendo anualmente,  convoca o premio FREIRE CARRIL do ano 2016, o cal entregarase  na festa dos foros o día 1 de xullo antes da representación teatral, que fan os veciños  sobre o tema dos Foros na Praza do Cabildo de  Seixalbo.



          Esta distición ríxese polas Bases que se adxuntan, bases que se poden atopar na nosa páxina web “Agromadas Seixalbo.com”.


 As candidaturas que opten a esta distinción terán como data última de presentación o 31 de maio do presente ano e serán remitidas á:

        

  Asociación Cultural Agromadas rúa de Abelardo Arce nº25 Seixalbo, Ourense código postal 32970.As  persoas distinguidas en anos anteriores foron as seguintes:


1ª  edi.:  D. Maximino Cid Ferro (Maxi) 2009              

2ª        D. Pablo Oitabén (Asc. Ridimoas) 2010        

3ª       D. Xoxé lois Gonzalez “O Carrabouxo” 2011         

4ª       Dª Carme Avendaño   (Asoc. Érguete) 2012         

5ª       D. Carlos Varela  (Fiscal Superior de Galicia).2013

6ª       D. Adolfo Zón Pereira,  bispo no Brasil  2014

7ª          Asociación Amigos da Terra  2015 

         A distinción consite na entrega dunha  peza escultórica en bronce  deseñada para o evento  polo artista ourensán Manuel Buciñons. As bases en esta mesma páxina no apartado REVISTA

               Seixalbo,   14 de Abril  de 2016                          

                                 

                                   Manuel Herminio Iglesias

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net