Próximas actividades de Agromadas
Seixalbo a 28 de Abril de 2016
Estimados socios e amigos de Agromadas:
Poñémonos en
contacto con vós para comunicarvos as actividades programadas para os
próximos meses e nas que espereramos e desexamos que participedes.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS :17
de maio
19 h. Inauguración da exposición “ EDUCA CON
ARTE”. Nela participan alumnos/as dos CEIP deSeixalbo, e Virxe de Covadonga.
A continuación homenaxearemos a Manuel María, escritor ó que se lle adica
este ano o Día das Letras.
ANDAINA Ó MOSTEIRO DE TRANDEIRAS: 22
de maio
Como noutras ocasións organizamos unha andaina
que nos leve a sitios peculiares do noso contorno. Nesta ocasión será polos
arredores do mosteiro de Trandeiras nas terras do Limia. Sairemos de Seixalbo,
local de Agromadas, ás nove horas e desprazarémonos ata a zona nos nosos
coches. Logo faremos o percorrido con guía. Xantaremos e voltaremos para Seixalbo.
Podemos encargar o xantar. ( Avisar ós membros
da directiva os interesados)
FESTA DOS FOROS 2016: 1
e 2 de xullo
Día 1, venres: representación teatral no auditorio de Penouzos.
Día 2, sábado: Entrega do premio Freire Carril, percorrido polas adegas
do pobo e demais actos festivos na praza do Cabildo.
EXCURSIÓN E XANTAR :10 de xullo
Non está determinado o lugar a visitar.
Admítense suxerencias.
(Para ampliar información e participar, poñerse en contacto cos membros
da Directiva. )