A directiva da
Asociación Cultural Agromadas, constituida en xurado para o fallo do premio
Freire Carril 2016,
Tomou o acordo seguinte:
Conceder o Freire
Carril 2016 a
D. José Antonio Rivera Pereira,
José Antonio Rivera Pereira, nace en
Seixalbo por o ano 1944, críase cos seus abós maternos, onde vive ata a súa
adolescencia, o que fai que a impronta do seu pobo o acompañe durante toda a
súa trexectoria vital, como veremos na seguinte exposición.
De
moi novo, con 22 anos, crea xunto con outros familiares, a empresa “Pretensados
Xeixalvo”, xerando así os principios do que logo se convirtiu na importante
“Zona Industrial de Seixalbo”, onde se crearon, tempo despois, importantes
empresas, que deron traballo a moitas persoas de Seixalbo e doutros lugares,
poñendo de manifesto co nome da empresa, a súa intención de que Xeixalvo,o seu
pobo, viaxe pegado ós seus productos alá por donde vaian éstes.
Neste senso compre lembrar que nos anos sesenta do século
pasado o franquismo e a súa dictadura prohiben o idioma galego, impondo os
nomes e a toponimia toda en castelán. Polo que abe lembrar que o nome oficial
era Sejalvo e que falar galego era algo de paletos. Lembrade un eslogán do
franquismo: habla correctamente, No seas barbaro. Habla castellano.
En
1972, esta empresa convértése en “Xeixalvo elementos para la construcción”, e
pasa a ser totalmente da súa propiedade, sendo o el administrador único da
mesma.
Mais
tarde crea tamén “Postes Xeixalvo”, que como as anteriores leva o nome do pobo
como bandeira. Sempre se distinguiu, ésta persoa, pola súa predisposición a
darlle traballo, nas súas empresas a persoas do pobo, contando en algún momento
con unha boa cantidade de obreiros de Seixalbo.
Tamén
colaborou sempre con todas as asociacións do pobo, en todos os eventos que se
celebraban no mesmo, (festas, semanas culturais, etc.). As portas da súa
empresa sempre estiveron abertas para todas as comisións de veciños que foron a
pedir unha axuda. E en particular, a A.C. “Agromadas” tamén tivo a oportunidade
de comprobalo cando nos seus inicios 1987 costeou do seu peto un órgano
electrónico.
Jose
Antonio sempre tivo unha grande admiración polo seu abó José Pereira Rodeiguez,
o cal foi alcalde de Seixalbo e no 1916 foi elexido alcalde de Ourense. Polo
que este ano cumplense 100 anos do seu nomeamento.
Os
propoñentes creemos que Seixalbo ten unha débeda cos veciños que no seu día
serviron ó común e que foron referentes nas diferentes facetas da súa vida na
nosa Vila, pois ésta xente engrandece ós pobos e anima a que outros sigan a súa
estela.
Ademais de todo o
exposto, un dos obxectivos do premio Freire Carril é dar a coñecer Seixalbo en
toda Galicia e alen das súas fronteiras, cuestión á que axudou enormemente o
mentado veciño.