TEATRO FOROS 2017
Demos, trasnos e
diaños
Espintos das
nevoadas vergas
Corvos, píntigas e
meigas, feitizo das menciñeiras
Mouchos do
Carqueixal, da Pedreira e da Regata
Curuxas de Zaín, da
Tenencia e Curuxeiras
Sapos da Santa
Águeda, Chao da Moa, do Cachón e da Picota
Bruxas da Rúa Nova,
Camiño do Curro e das Oliveiras
Demos do Recanto da
Cadea, da Rúa Maior e da Rúa Estreita
Trasnos da Rúa da
Cerca, da Rúa do Sol e dos Penouzos
Diaños da verea
Real, da Praza Maior e da Rúa Escura
Espintos do Recanto
do Forno, das Laxes e dos Barreiros
Corvos do Castro
Foxo, da Infesta e do Cabildo
Píntigas da Rúa
Macias, Requeixada e do Amendo
Meigas dos recantos
da Vila e Couto de Seixalbo
Que converten no
Averno de Satán este arrabaldo
Oíde ¡¡¡¡ …. Oíde
os berros miserentos
Dos que están a arder nesta queimada
Meigas e Druidas ¡¡¡ Acabade cos lamentos ¡!!¡¡
E que a xente de Seixalbo quede exconxurada.
Adaptación feita polas meigas e druidas de Seixlbo en 2017
Artigo en La Región
Premio Freire Carril 2017