Bases:
1.-O premio anual FREIRE CARRIL terá
un carácter simbólico, polo que carecerá de dotación económica. Constará de
diploma acreditativo e figura con inscrición.
2.-Todos os socios da Asociación Cultural Agromadas,
así como calquera entidade asociativa ou cidadá a
título particular, poderán propor candidatos para optar a este
premio, dous meses antes da Festa dos Foros, que se celebra unha semana despois
do 24 de San Xoán.
3.-A Directiva da Asociación Cultural
constituirase en xurado para escoller á persoa ou entidade premiada. Para un
mellor funcionamento, o xurado, poderá recadar a presenza ou
opinión de persoas idóneas co fin de asesorarse nunha determinada
materia, antes de emitir o seu veredicto.
4.-As propostas para participar no premio
presentaranse sempre por escrito, estarán dirixidas ao
presidente da Asociación Cultural Agromadas e, obrigatoriamente, virán
argumentadas, co obxecto de facilitarlle o traballo ao xurado. Só se
aceptará unha proposta por entidade ou persoa.
5.-Entre as propostas presentadas para ser premiadas, o
xurado fallará e dará a coñecer o nome da
entidade ou da persoa ou persoas ás que se outorga este premio, dúas
semanas antes da Festa dos Foros. Os premios
entregaranse publicamente na Festa dos Foros, que
organiza anualmente esta Asociación Cultural. O fallo do
xurado será inapelable.
6.-Se o xurado o considerase oportuno, o premio
poderá quedar deserto, por carecer de candidatos ou non reunir estes as
calidades necesarias que emanan do espírito para o que foi creada esta
distinción.
7.-A interpretación destas bases corresponde ao
xurado.
8.-A modificación destas bases corresponde á
Xunta Directiva da Asociación Cultural Agromadas.