Novas Decembro 2022
Parrafeo do ano 2022-Lalo Pavón
Data: 29/12/2022

Boas noites.

É unha honra estar eiquí para pronunciar o Parrafeo, despois de que persoas relevantes o fixeran en edicións precedentes; conscente da responsabilidade tratarei de estar a altura. En todo caso, agradezco a Agromadas o encargo, porque nada hai máis gratificante que poder dirixirxe ó teu pobo e que alguén teña en consideración o que de interesante poida decir un servidor.

A tradición dí que o parrafeo debe facer un repaso sui xéneris do acontecer do ano en tono humorístico e en verso. Gardo no rincón da memoria da miña lonxana infancia esceas dalgún parrafeo daquela época, mais desgraciadamente, non son capaz de lembrar o corpus das intervencións. Quenes tiñan e teñen edade suficiente para ter visto e escoitado parrafeos coinciden en que, como na vida mesma, había de todo, incluso algúns moi brillantes. Non é pouco, pois a audiencia suplía co ambiente festeiro e xenerosa inxesta de bebida a presunta falla de capacidade poética ou oratoria.

Maior diversión provocaba o emparellamento por sorteo de mulleres e homes solteiros de todas as idades, que deparaba situacións imposibles na realidade, pola teórica lonxanía de cada un dos membros das ocasionais parellas. Por exemplo, nunha ocasión á miña nai tocoulle en sorte un mozo ben coñecido de todos os que viviron os tempos do branco e negro, que adoitaba acompañarse moito máis frecuentemente da bebida que das mozas.

Así que, coñecido o sorteo, dirixiuse a aquela que anos despois había de ser nosa nai, dicíndolle que “eu non sei bailar, pero invítote a unha copa ou o que queiras”.

Había outro tipo de teóricas incompatibilidades, que por distintas razóns non veñen ó caso. Ou sí. Ás veces, o compromiso zanxábase cun baile de honra ou trámite e logo cada un dos membros seguía pola sua conta. Noutros casos o azar deparaba máis sorte ós emparellados xuntando

persoas afíns ou que sentían algún tipo de atracción. Bueno, ás veces, o azar era axudado pola man hábil do que metía as papeletas no saco ou cesta, capaz de facer coincidir a quenes o desexaban ou a el lle interesaba.

A esta altura, vai un treito falado e aínda non dixen que non vou a recitar versos e nin xiquera farei pareados. Espero que a contrastada benevolencia do universo que compón Agromadas e máis os presentes, me concedades tal licencia, porque a poesía conxuga mal co humor e co mundo tan abstruso que nos rodea, agás que sexas un xenio. Eu, definitivamente, non o son.

Confórmome con ler boa poesía de cando en vez porque eleva o espíritu e me instala nun estadio reconfortante como poucos; pero de aí a escribila vai un treito.

Cumplirei ca tradición falando do mundo inmediato, do mediato e do de máis alá. Pero pouco, porque os políticos que deciden dende o máis alto da pirámide mundial ata os que temos ó noso arredor están máis pendientes dos intereses propios que dos xerais e moito máis preocupados da xeopolítica é do xogo de intereses e da pervivencia no poder, que de cumplir co cometido asignado. Salvemos as excepcións, que has hai, e honrosas. Todo o demáis móvese nun esceario presidido por unha avilantez irrespirable.

Pois nese ambiente temos un sátrapa con ínfulas de mesías mundial invadindo un país soberano e provocando infinita dor e destrución, con perda de vidas humanas bens e facendas, destruíndo modos de vida e sociedades enteiras e pondo en xaque ó mundo, con consecuencias imprevisibles, pero que xa todos sufrimos, vendo como se violan todos os acordos e convención das Nacións Unidas coma se foran papel mollado.

A elo únese a inutilidade fáctica da ONU, creada para dar resposta ós problemas que aflixen ó planeta e garantir o respecto ós dereitos humanos, pero á hora da verdade incapaz de resolver ningún gran conflicto ou afrenta dun país sobre outro, porque entre os múltiples enredos diplomáticos menores, impídeo o dereito de veto do que dispoñen as cinco maiores potencias existentes cando se creou a ONU: Estados Unidos, Rusia, China, Francia e Gran Bretaña (Alemania quedou fóra como perdedora da Segunda Guerra Mundial), de xeito que cando algún asunto incomoda a algún deses cinco ou lles molesta, pola razón que sexa, incluso por algunha que non teña que ver directamente con ela, pero sí cun aliado, pois exercen o veto para protexelo, e aí se acabou a discusión e o conto.

Temos a COVID e as suas derivadas constituíndo aínda unha ameaza xeral, cun alto custe en vida de persoas e sometendo ós sistemas sanitarios a unha tensión tal que se revelan incapaces para respostar debidamente a picos de emerxencia inabarcables. Con elo, a vertente económica á que somete a sociedade mundial, pois aínda que o primeiro mundo está empezando a dar por superada a pandemia, a metade do planeta sigue aínda sumerxida na gran batalla. Entre os grandes retos aparece China, que a pesares da propaganda dos primeiros momentos, carece de vacina eficaz, e está as portas dunha catástrofe humanitaria -as morgues xa están saturadas- e económica de imprevisible recorrido e consecuencias, pero que con seguridade nos afectará a todos. Xa sabemos que si Estados Unidos, China ou Alemania se constipan, nós corremos serios riscos de coller pulmonía.

Falando de inutilidades gubernamentais, podemos incluir á Unión Europea sen temor a erro, pois se o obxectivo da ONU plasmado no chamado Acordo de París para que a Terra non incremente a temperatura global máis de 1,5º centígrados ó final do século XXI, así como que non pase de 2º o incremento definitivo, e que en 2050 teñamos neutralidade climática (ou sexa, que contaminemos igual ou menos do que somos capaces de rexenerar). Decía, pois, se ese acordo solemne de 2015 en París é papel mollado, a descarbonización preconizada pola UE está xa no mesmo camiño, por non falar do célebre Acordo de Lisboa, no que se incrementaba a idea da UE como concepto político.

Tratábase de deseñar unha especie de estado supranacional que asumiría competencias colectivas reducindo a capacidade decisión de cada país membro, en pos dunha política concertada. Este obxectivo tamén descarrilou totalmente hai tempo.

A cambio, funcionan en todos os niveis os lobbys de presión para inducir ou mediatizar as decisión comunitarias en favor de intereses de terceiros ou dos grupos económicos máis poderosos. Como mostra explícita, temos hoxe de actualidade os sobornos a altos cargos do goberno da UE por parte de Qatar. Hai máis exemplos, pero quedémonos con estes apuntes, que deberían ser suficientes para tomar conciencia do que está ocorrendo. Xa anuncio que esto último e so un cándido desexo, pois a conciencia colectiva hai tempo que está narcotizada.

En España, a idea de gobernar polo ben común a base de potenciar o consenso foi sendo sustituida nos últimos anos pola canonización do disenso, sen deterse nas formas nin no fondo, ata o punto de normalizar o insulto e a descalificación como linguaxe político de uso común. Un espectador calquera pode percibir neste momento que o Goberno fai o posible e o imposible para tratar de obter un resultado electoral que lle permita artellar unha alternativa de esquerdas capaz de reteñer o poder, ata o de agora sostida nun fráxil equilibrio. Haberá que ver como se resolve o panorama á esquerda dos socialistas, con Yolanda Díaz e Podemos á procura do mesmo espazo.

É da oposición, qué? Pois temos a Feijóo diluido, alexado dos principios polos que abandeirou o salto a Madrid, e coa capacidade de liderado mermada polos embates dos rivais, pero, sobre todo, pola insaciable ansia de Ayuso de chegar á Moncloa, que pasa inevitablemente por liquidar a canto obstáculo se poña no seu camiño, chámense Pablo Casado ou Núñez Feijóo.

Curiosamente, os fíos desa especie de guiñol que representa a presidenta madrileña están meticulosamente manexados por Miguel Ángel Rodríguez, o inefable MAR.

É logo está Vox, bendecido xa polo PP como partenaire para gobernar onde sexa preciso, si a aritmética parlamentaria o requerise, como sucede en Castela-León.

En cuanto a Galicia, poucas novedades, aparte da marcha de Feijóo a Madrid, e calquera debate sobre o que somos e queremos ser darase nas próximas autonómicas que, en principio deberían ser alá polo mes de maio de 2024, segundo afirmación de Alfonso Rueda de hai poucos días. A expensas, claro está, dos múltiples avatares que poidan xurdir, pois o presidente da Xunta ten a prerrogativa de convocar eleccións cando así o estime.

E xa estamos en Ourense. Pouco fai falla dicir, pois todos estades perfectamente ó tanto do que ocurre dende 2019, aínda que esto empezou en 2012 coa irrupción abrupta da inefable xuiza Pilar de Lara na política ourensá, e rematou co acceso do innomeable alcalde, que dende entón manexa, cual pequeno Nerón, os designios do concello.

(A asociación neroniana é unha licencia que me permito atendendo á idea de tirano e extravagante que a historia atribúe ó emperador, aínda que hoxe cuestionada).

Con ideas e comportamentos atrabiliarios e decisións controvertidas, adobadas cunha proverbial mala educación de insultador profesional, levamos tres anos aguantando, sin que nadie o impida e o que é peor, con bastantes posibilidades de que este esperpento acade a sua revalidación despois das eleccións do mes de maio próximo. O balance é magro: nula xestión, dilapidación de fondos públicos, récord mundial de asesores e, peor aínda, de triturador - literalmente- da cultura para converter en terreo ermo o que outrora foi a Atenas de Galicia.

E quen ten a culpa: todos. Absolutamente todos, incluidos cantos estamos eiquí. Certamente, en distinta medida. Primeiro, o Partido Popular, que lle deu o voto imprescindible para que poidera ser alcalde o candidato da terceira forza política por número de votos que, hai que decilo, superaron a respectable cifra dos doce mil. O PP otorgoulle o poder e barnizou os seus incalificables comportamentos ó longo dos tres últimos anos e medio. Sin ese respaldo, nada de cuanto ocorreu, tería sucedido.

O segundo responsable foi o PSOE, cun líder que cegado pola ambición e dende unha candidez digna de lástima pensou que podería deixar ó PP e a Baltar fóra da Deputación e do concello de Ourense.

A partir de aí sucedéronse iniciativas peregrinas, tampouco moitas, como a presentación dunha moción de censura nunha notaría, que é algo así como tentar renovar o carné de conducir onde dan os permisos de pesca. Con menor responsabilidade está o resto da oposición, dada a sua limitada capacidade de influencia, incluidos os ex compañeiros do rexidor, embarcados no seu día nunha operación de fábula, pero en todo caso sen especial brillo nas accións levadas a cabo polos distintos grupos.

Relevancia ten que a oposición -composta agora mesmo por 23 concelleiros de 27, non o esquezamos- teña sido capaz dende a primavera de 2019 insultos e vexacións permanentes, moito máis alá dos límites permitidos polas normas básicas da urbanidade e bos costumes. Eiquí debemos ampliar o espectro de responsabilidades, porque institucións, colectivos e cidadáns en xeral temos capacidade abondo para reclamar ós gobernantes as decisións que resolvan os problemas e intereses xerais e poñan fin ó esperpento actual. Demostrouse no tímido intento de movilización social levado a cabo hai un ano, pero que desgraciadamente, non tivo continuidade, porque aquela utalización esvaeuse como o azucre no café.

Co dito, pode parecer que estamos as portas do averno. Pois non. Hai futuro, e a mostra máis visible é Seixalbo, núcleo vivo onde a aportación individual apuntala o bon facer colectivo, reflictido na Asociación de Veciños San Breixo e en Agromadas, entidade que hoxe nos acolle.

Ámbalas duas, xunto con honrosas achegas de outras colectividades máis pequenas pero non menos importantes, como C.D. Seixalbo, Mulleres Rurais, coro parroquial, etc., que enchen de actividade e vida o tempo de lecer e cultura ó longo do ano, convertendo a Seixalbo en punto de referencia e faro en moitos kilómetros á redonda, aínda que o innombrable pense somos so unha conspiración xudeomasónica contra el.

Pero ese meritorio exemplo non corresponde en exclusiva a cantos hoxe traballan polo común nesta vila, pois somos o que somos grazas ó resultado do esforzo das xeracións que nos precederon, que puxeron a semente de valor do esforzo compartido, como o pleito dos Foros e tantas outras accións e aportacións menos coñecidas e vistosas. Ese bon facer anónimo estuvo sempre amparado polo liderado e a xenerosidade de persoas concretas, como Freire Carril, Pepe Pereira, Abelardo Arce, Benigna Pérez Amado -cantos nenos chegaron ó mundo amparados polas suas mans¡, e a cantos enfermos atendeu e axudou¡, de xeito que se tiveramos que porlle cara ó altruismo, seguramente nos saía o seu retrato-; Pepe Fernández, o Chantadino, sempre presto a atender un animal enfermo ou un traballo polo común; Luis Cid Rivo -o Luis da Carmiña, como o identificábamos maioritariamente-, que seguramente ten a sua firma na metade ou máis da partición de herencias no pasado século, igualmente, sen cobrar un peso. Esa semente do labor desinteresado sigue aínda hoxe: Antonio Rivo -fillo de Benigna-, que mantén o reloxio da igrexa como cousa sua; José Antonio Pereira, que nos acaba de deixar e estivo sempre aportando respaldo económico onde se lle pediu. Con eles, tantos outros que de xeito anónimo perpetuan a aportación desinteresada que debemos elevar a áltura de orgullo colectivo.

Nas últimas horas nas que o compromiso de elaborar este parrafeo me obligou a pechar especialmente o foco sobre Seixalbo, veume á cabeza unha idea recurrente que me acompaña dende a xuventude. Sería unha viaxe no tempo das xeracións de veciños do pasado para que viran en que está convertido o pobo. Estou convencido de que despois do susto producido polo ruido e os efectos do alumeado público, os coches, os electrodomésticos, a calefacción e os ordenadores, xunto ca práctica desaparición das viñas, os tarreos, os lameiros, as vacas e os porcos, estou convencido, dicía, que deses flases tal vez cegadores, se sentirían ufanos de cómo conservamos o que nos deixaron e como xestionamos a idea de que non podemos esperar case nada do poder, dos poderes, e habemos de ser nós quen suplamos esa eiva.

Neste exercicio imaxinario da volta ó pasado, monseñor Zon, o noso benquerido Adolfo -onte pediume o texto, aínda antes de que estivera feito-, sempre me estimula ca cita de nomes que eu teño esquecidos. Estou seguro que neste instante empezaría a nomear persoeiros singulares ou populares, como o señor Pepe Sánchez -insigne músico-, o cura don Antonio, don Camilo Valencia -dono de medio pobo-, o señor Herminio Iglesias e o seu fillo Salvador, Ignacio Delgado -o vello-, Antonio Prada, tamén pai e fillo; a Rogelia e o Tano; os irmáns Nóvoa, especialmente o Luis e o querido e lembrado Nolete; o Pepiño o Trono e a sua nai, Rosa; a señora Pura do Valente, que nos vendía caramelos, pipas ou canicas, á peseta a unidade; os seus irmáns Jaime e Indalecio; o señor Antonio O Chorón -unha das voces máis bonitas que escoitei na miña vida-;

a señora Hermelinda, servicial, cariñosa e tamén boa voz; María Outeiriño -a señora María do forno e matriarca da saga de panadeiros que chega ata hoxe-; o señor Arturo o Rico e o seu fillo Bernardino… e así, ad infinitum se engadimos os que vos asaltan a cada un de vós neste momento.

Vou rematando coa evocación anónima dos que faltarían nese hipotético censo para reincidir na importancia do esforzo acompasado no obxectivo común, para facer posible que duas xeracións máis adiante, nun parrafeo ou en calquera outra manifestación lúdica colectiva lembre a quenes hoxe non regatean esforzos para pór o seu grao de area que os faga sentir orgullosos da estirpe que os levou ata o punto no que estén.

Como a tradición do parrafeo é que se faga en verso, aínda que eu non o fixen quero rematar cun homenaxe ós ausentes recurrindo a un poema dun dos grandes da literatura universal: Lope de Vega. É un soneto titulado precisamente “Ausencia” e foi musicado polo cantautor vasco Imanol Larzábal -aínda que hai quen atribue a autoría a Paco Ibáñez, e incluso a outros compositores-.

En todo caso, no que non hai dúbida é que a mellor interpretación corresponde a Larzábal.

Ir y quedarse, y con quedar partirse,

partir sin alma, e ir con alma ajena,

oír la dulce voz de una sirena

y no poder del árbol desasirse;

arder como la vela y consumirse

haciendo torres sobre tierna arena;

caer de un cielo, y ser demonio en pena,

y de serlo jamás arrepentirse;

hablar entre las mudas soledades,

pedir prestada, sobre fe, paciencia,

y lo que es temporal llamar eterno;

creer sospechas y negar verdades,

es lo que llaman en el mundo ausencia,

fuego en el alma y en la vida infierno.

Despois do anterior, o mellor seguramente é quedar calado, pero a risco de irreverente, quero tamén deixar a modo de despedida e co mellor desexo para todos neste 2023 que alborexa, un fragmento de Alfonso X el Sabio, que recomenda:

¡Quemad viejos leños,

bebed viejos vinos,

leed viejos libros,

tened viejos amigos¡

Moitas grazas.

Parrafeo do ano 2022

Lalo Pavón


Nova edición do premio "Freire Carril"
Data: 02/12/2022
Queda aberto o prazo para a presentación de candidaturas aberta a todo o mundo para a V Edición do Premio Freire Carril. Con este galardón a Asociación Agromadas quere recoñecer a aquelas persoas e entidades que traballen a prol da cultura ou da mellora da sociedade dun xeito desinteresado, valorando a súa traxectoria neste eido. Preténse tamén lembrar a xa mítica figura de Fernanso Freire Carril que dedicou grandes esforzos durante máis de vinte anos a conseguir que os seus conveciños se visen eximidos do pago do foro ao Bispo e Cabido de Ourese, a mediados do século XIX.
As candidaturas de presentación argumentando as razóns polas que as persoas ou entidades cren que o candidato é merecedor do premio deberán enviarse por correo ordinario ó enderezo: Asociación Cultural Agromadas. Rúa A. Arce, Seixalbo. 32970 Ourense, ou por correo electónico: agromadass@gmail.com facendo constar PREMIO FREIRE CARRIL.
O Prazo será ata o 31 de maio.
O xurado entregará o premio o día 29 de xuño, coincidindo coa VIII edición da Festa dos Foros en Seixalbo.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net